viernes, 25 de septiembre de 2009

Vilalonga 2-2 Cult. Areas







Partido disputado o mercores en Vilalonga, onde o Areas sacou un empate seguindo asi invicto no campionato. Em pezou adiantandose no primeiro tempo o Vilalonga, pero un minuto despois chegou o gol de Chuli para o Culturar, despois de petar o seu tiro nun defensa contrario.



O segundo tempo mais do mesmo, o Vilalonga dominaba e creaba perigo, e asi chegou seu segundo gol. O Cultural non tirou a toalla e tirou abante mellorando algo o seu xogo, asi consegui Nandi un golazo que fixo de novo as taboas no marcador, acabando asi o partido.






Nas bancadas bastante presenza de seguidores do Areas, destacando os 5 membros da Horda desplazados ali, que mais que 5 pareciamos 50 non deixando de animar o noso equipo os 90 minutos. para rematar tuvemos un pequeno roze con uns malotillos que habia na grada do Vilalonga, que se adicaron a tirarnos pipas, tapons e vendo a indumentaria dalguns menbros nosos puxeronse e cantar España... Pois a estes 30 monos decirlles que os esperamos na Lomba, e ali cando en vez de 5 seamos nos 40 pois practicaremos xuntos a tirar pipas, cantar españa....en fin que o pasaremos pipa xuntos.



lunes, 21 de septiembre de 2009

Depor B 1-1 Cul. Areas

O Cultural non rompe a sua boa racha e saca un punto da cidade deportiva de Abegondo ante o Depor B, un dos favoritos da liga para entrar na fase de ascenso. Durante o partido o Cultural dominou o centro do campo, pero a 10 minutos para o final do encontro Deportivo adiantouse no marcador. Aínda asi o Areas non tirou a toalla e seguiu abante para empatar o encontro, conseguindo o gol do empate no 93 marcado por Estevan.