miércoles, 2 de diciembre de 2009

Bergantiño 0-2 Cult.Areas

Suma e segue, asi e a racha que leva a Cultural nos últimos catro partidos, nos cales aparte de gañalos aínda nom encaixou ningun gol.

Este pasado domingo en Carballo contra o Bergantiños, rival directo pola salvación a Cultural puxoselle pronto o partido de cara, xa que nos primeiros minutos un xogador local cometeria penalti e seria expulsado. Seria Gabi quen marcaria a pena máxima e pondria a Cultural por diante e cun home máis.

Dende hai o peso do partido levouno a Cultural, que demostrou unha sólida defensa e un rápido ataque, que cara o final do encontro e de novo Gabi conseguiria o cero a dous definitivo.

Agora a Cultural situase na décima posición con 23 puntos, a só 3 dos postos de fase de ascenso, sempre e cando nom esconten os puntos do Cidade de Santiago. Abante Areas!!