sábado, 19 de diciembre de 2009

miércoles, 16 de diciembre de 2009

martes, 15 de diciembre de 2009

Cult. Areas 4-4 Lalin

Partidazo disputado na Loma nun tarde moi fría. O primeiro gol a favor da Cultural chegaria cedo despois dun fallo defensivo Unai conseguiria o 1-0. Pouco despois a Cultural seguia chegando a porta con moito perigo, e ata o linier anulou un gol a Cultural que solo el viu e sabe ata hoxe, cousa xa típica na Lomba.
Pero a cousa cambiou de repente cun inesperado tanto do Lalin, e pouco despois nunhas ocasions tontas dos visitantes marcarian dous tantos máis acabando o primeiro tempo 1-3.

No segundo tempo xa, a Cultural saiu con forzas, pero o gol nom daba chegado e ata mesmo fallaronse ocasións moi claras. Todo isto aprobeitouno o Lalin marcando o 1-4 nunha xogada rápida. Foi enton mentres os visitantes relaxabanse candoempezou como se fora de lenda unha explosión de animo en toda a Lomba, destas que te sintes orgulloso de ser deste Cultural, tanto afección como xogadores foronse arriba e a Cultural volveu atacar a porta do Lalin con máis empuxe que nunca. Faltando 8 minutos un impresionante Fonseca a balon parado e por toda a escadra conseguiria levantar máis aínda as esperenzas, e naseguinte xogada a bote de corner e de novo Fonseca conseguiria reducila diferenza a un solo tanto.

Pero aínda estaba por chegar a maior gloria para este xogador, para seu equipo e para todos os areans en xeneral, minuto 94, e despois de outra falta co corazon de todos xeado do frio e amocion, chegaria o defenitivo 4-4 e Fonseca completaria seu Hack-Trip particular no medio dunha festa xeral.

Noraboa a Fonseca e a todo o conxunto en xeral, e grazas por darnos a afección unha tarde tan gloriosa e enocionante. Forza Areas!!!