lunes, 22 de marzo de 2010

Cult.Areas 1-0 Pontevedra B






Importantisima victoria que nos deixa a un paso de conseguir o noso obxetivo, a permanenza. Nunha tarde excepcional pra disfrutar do futbol, a Cultural sacou súa millor cara e bo xogo pa quedarse cos tres puntos na casa.

O primeiro xogo a Cultural foi moi superior os visitantes, levando o completo peso do encontro e chegando a meta pontevedresa constantemente. Asi despois de fallar varias ocasións na metade do primeiro xogo un Facundo en racha marcaria o único tanto do encontro. Neste primeiro tempo destacar a contundenza de Fonseca o cal tubo varias ocasións tanto a balom parado como en xogo.

Na segunda metade a Cultural relaxouse pero mantuvo a seriedade. Asi o Pontevedra votouse polo empate pero sen facer exceso perigo, xa que ocasións claras só foi un remate contado, o resto basouse en balons parados sen moito perigo. Pese isto as ocasións máis claras do segundo xogo foron pra Cultural, primeiro nun balom endemoniado de Fonseca dende a distanza que case sorprende o porteiro visitante, e contra o remate nunha gran xogada individual de Unai que finalmente erraria só ante o gardarredes visitante

Antes do encontro gardariase un minuto de silenzo pola morte do pai do adestrador da Cultural, Serapio acompañamoste no sentimento.
Na Lomba cerca de setecentas personas. Encanto a Horda estivemos uns trinta membros que nom paramos de animar todo o encontro. Proximo partido a Cultural desplazarase as terras do Xallas pra enfrontarse o Santa Comba.