jueves, 8 de abril de 2010

Horda Pontarean Siareiros 2007-2010, 3 anos animando e de esmorga polos campos da Galiza ca nosa Cultural Areas

2007
2008
2009
2010

Tres anos xa seguindo e animando o noso Cultural Areas polos campos da Galiza, larga vida a Horda Pontarean!!

lunes, 5 de abril de 2010

Cult.Areas 0-0 Celtiga



Partido atrasado correspondente a xornada 28 que nos enfrontou na Lomba o Celtiga. A Cultural chegaba a este encontro con novas baixas de última hora como a de Fonseca, aparte dos que xa case estan descartados case pra o que queda de temporada (Brais, Sombri, Daviz, Estevan...)

Do encontro a verdade que nom hai moito que comentar, ambas equipas nom arriesgaron moito e as ocasións foron escasas. Na primeira parte vimos unha Cultural moi relaxada a cal costaballe moito rematar as xogadas, asi pois apenas contemplamos ocasións claras, o Celtiga máis do mesmo chegando tamén con escaso perigo, aínda que alertando máis a Samu que a Cultural o gardarredes visitante.

Na segunda parte a cousa nom cambiou moito, é máis, viuse as duas equipas moi conformistas co resultado polo que se hai que poñer un gañador do xogo decir que estivo igualado. Só no último cuarto de hora coa entrada na Cultural de Unai inquietouse a meta visitante. o final reparto de puntos nun partido moi parado e pouco emocionante.

Na Lomba día esplendido co cespede en boas condicións, nas bancadas notouse a resaca da semana santa e rondariase os 500 espectadores, entrada bastabte baixa a comparazom de outros domingos. En canto a Horda moi bo ambente antes do encontro, onde estivemos bebendo cervexas uns 15 membros dende as catro da tarde no noso local. Logo no encontro rondariamos os 20 siareiros con pouca animazom a verdade, pero e que o xogo parado e a menor afluenza de publico nom axudou moito. Dende aqui dar tamén animos a Fonseca pola súa inesperada lesión de hombreiro, animo Cali.
Pa semana Cultural visita o Cerceda nun dificil partido que sera televisado o parecer en directo pola TV-Gaita 2 o sabado. Forza Areas.