miércoles, 12 de enero de 2011

Benvidos de novo o lar!!

Todo o areanismo sentimonos moi ilusionados coa volta do noso historico capitán Minis, o que regalounos centos de tardes de batallas co seu indomable e veteran xogo no medio do campo. Minis retirarase o final da pasada tempeda pero decidiu voltar de novo os terreos de xogo coa cultural, cousa que nos alegra moitisimo, pois a impacto moral que nos dara pode ser enorme. FORZA MINIS!!

David Domínguez, coñecido cariñosamente como "Cochi", e unha das perlas da canteira da cultural, clave no ano do ascenso a terceira e o ano pasado. Despois dunha longa lesión dende a pasada tempada volta a Lomba pa tentar facer o que millor se lle da, marcor goles. SORTE DAVID!!

lunes, 10 de enero de 2011

Cult.Areas 0-1 Vilalbés

Resultado demasiado inxusto pra Cultural, pois foi moi superior o Vilalbés levando totalmente o peso do encontro, pero como di o dito: "quem as perdoa as paga".

A Cultural saiu moi forte e gozou xa no inicio de dúas grandes ocasións comezadas pola banda dereita e rematadas a porta, a última peinada por Nandi e rematada por Couso dun centro de Samuel acabou no longueiro cando todos berramos gol na Lomba.
Co paso dos minutos o xogo foise calmando e o Vilalbés despertou gozando de algunhas ocasións, pero mesmo asi o peso do xogo e o medio do campo eran do Areas, pero sem chegar a crear gran perigo rematando asi o primeiro xogo.

Coa reanudación a Cultural saiu por todas e creou moito perigo na meta visitante, o xogo estaba sendo expléndido e só faltaba meter o gol. Pero foi entón cando unha falta sem moito perigo en principio foi bem rematada e o Vilalbés conseguia o unico tanto do encontro no minuto 50.

Dez minutos despois entrarián no campo por primeira vez nesta temporada o noso emblematico capitan Ministro máis noso dianteiro canteiran David, o cal voltaba despois dunha longa lesión. Aínda que ambos levaban tempo sem xogar, o toque de moral foi tal que a Cultural voltou a carga sem descanso e a parroquia da Lomba enteira viuse arriba. Primeiro Brais cun tiro dende a distancia que apiques estivo de entrar salvando no últimao inatante pola estirada do gardaredes visitante. A isto o seguiron varias ocasións e remates que sempre se toparon co gardaredes ou defensas visitantes, asi gozamos de un enorme número de corners que foron a maioria mal sacados por un desmotivado Maikel.
Asi chegamos a última ocasión do encontro onde despois de centrar un balon parado o meta visitante faia na saida e despois de varios rebotes e tiros o balon acaba entrando na meta do Vilalbés, todos o celebramos cando o linea anula o gol e a Lomba venselle enriba. Pois nom sabemos aínda que pitou, ¿fora de xogo? pero se o balon toca no porteiro e hai varios rebotes sem pitar nada, ¿unha posible man? pois entón só a veria el no medio de todos os xogadores dende a súa posición alexada, ¿falta o porteiro? quem o sabe pra nos segue sendo un misterio...
(moi parecido oanuladona anteiror xornadaante o Rápido de Bouzas)

O dito, derrota inxusta por xogo pero que nos fai o mesmo tempo máis fortes, levamos 7 partidos sem gañar pero estamos seguros que se seguimos xogando desta maneira pronto tendran que chegar os goles e con eles as victorias, QUE SI OSTIA, QUE IMOS SALVARNOS E SEGUIREMOS NA TERCEIRA!!

En canto nós, entorno 15 siareiros que estivemos nos dous fondos os cales animamos e dimos animos os nosos case os 90 minutos.