lunes, 21 de marzo de 2011

Cult.Areas 3-1 Ordes

Grandisimo encontro da nosa Cultural, que nos fixo recordar grande xestas do ano anterior e olvidar a mala racha que levabamos de resultados.

Tarde calurosa case de veran na Lomba, a cal presentaba un moi bo ambente, do mellor da tempada. A Cultural saltou o campo moi metida no partido e buscando a meta visitante con moi bo xogo, tanto que o Ordes costaballe pasar o medio do campo cara meta de Samu. No minuto 15 chegou a primeira polemica en contra da Cultural, unha falta votada o gadarredes do Ordes falla revotando o revote num defensa visitante entrando o balom na porteria, o cal despexa outro defensa visitante co balom dentro, pero o arbitro decide nom dar o gol e nesa xogada marca o Ordes o 0-1, ante ese error arbitral chega o primeiro piterio da Lomba.

Mesmo asi a Cultural foise arriba e despois de moitos intentos e ataques Nandi e derribado claramente na area polo que o colexiado pita penalti. Este o lanza Zolas que o marca, pero o arbitro o anula porque este fixo unha paradiña antes de lanzalo, polo que sacalle a tarxeta amarela que era a segunda, polo que o expulsa, segunda pitada da lomba é gritos de "federación, manipulación". Finalmente o penalti e lanzado por Minis que o marca e fai tablas no marcador, aínda que quedaban por diante parte do primeiro tempo e todo o segundo tempo pa xogar con 10.

No segundo periodo a Cultural saiu máis forte ca nunca, mesmo que o Ordes mellorou no xogo e ter un home máis, o peso do encontro e bo futbol o fixo o Areas. Asi conseguiria o 2-1 Couso remantando un corner votado por Nandi. A Lomba enton que estaba case chea combertiuse nunha festa, voltaba cantar toda xunta cancións tiradas pola Horda como en antaño, como naquelas tardes de gloria do ano pasado contra rivais coma o Cerceda ou Ourense...
Xa co Ordes moi contra as cordas e con este bo ambente, chegaria o terceiro da Cultural no minuto 58 cun grandisimo remate tamén de corner de Sombri, quedando encontro xa case sentenciado ata o final e mesmo gozando máis a Cultural de ocasións.

Posiblemente este foi o mellor encontro por xogo, gañas e ambente do que levamos de temporada. a Lomba presentou unha gran entrada e estivo moi animosa.

En canto a nós, xunto o partido do Ferrol e Ourense este foi o partido onde máis animamos, case os 90 minutos sem descanso levantando varias veces a grada a animar tamén, ata cando no 0-1 ibamos perdendo e máis nos necesitaba a Cultural foi dos mellores momentos de animación.
Aparte mesmo que empezamos cedo privando no bar, voltamos despois rematar o encontro despois de moito tempo sem facer isto invadidos pola alegria da elavorada victoria.

QUE SI FODER!! NOS IMOS MANTER!!




Foto sacada do diario Faro de Vigo do encontro con nós de fondo.