Partido muito
parado e baixo entre a nosa Cultural e o Barbadas, con muita pelexa por ver
quen levaba o peso do encontro pero poucas ocasións, o que fixo que parecera
que aínda estabamos en pretempada.
Pola nosa banda,
aínda nos queda rodar máis neste comezo ligueiro, a imaxe foi pobre pois apenas
tivemos ocasións de gol. Pola contra o Barbadas que tamén deu unha imaxe
discreta si tivo un par de oportunidades claras no primeiro xogo, así como
aguantou o segundo con dez xogadores.
Para a semana toca
xogar en Pontevedra, esperemos que en Pasarón demos unha imaxe máis agresiva e
máis xogo directo.