lunes, 20 de enero de 2014

Barbadas 3-0 Cultural Areas


Mal partido da nosa Cultural en terras ourensáns, onde nos faltou intensidade e confianza. Ata alí nos desprazamos oito membros da Horda, os cales fartos de pagar entradas abusivas para encontros de terceira (de 10 a 12 €, cando por exemplo en Francia podes entrar nun fondo de primeira por 4 €) decidimos ver o partido dende fora, atopando un alto dende o cal mirabamos o campo como se estivésemos na grada visitante do Camp Nou.

Desa forma nos aforramos 80 pavazos que no tempo que corren son cartos para un domingo. Nosa afección e amor o noso clube vai deixar de ser un negocio e moedeiro para uns poucos que frotan mans na taquilla nos nosos desprazamentos. Non o fútbol moderno capitalista e dos cartos.

O Areas volve a caer lonxe do seu campo

Compartir en:   
REDACCIÓN. VIGO DEPORTESAD@ATLANTICO.NET - 20-01-2014
O Cultural Areas sumou unha nova derrota lonxe do seu campo de A Lomba. No que vai de tempada, só logrou catro puntos coma visitante e onte viviu a mesma historia que noutros moitos encontros. 
O Cultural Areas perdeu onte na visita ó Barbadás.
O Cultural Areas perdeu onte na visita ó Barbadás.

O Barbadás foi claramente superior e logrou o primeiro tanto no séptimo minuto de xogo, cando Nuno colga un balón ó área e Vitas mide mal a saída, de forma que o esférico chega ata o fondo da portería.

Xa no segundo tempo, César cabecea un saque de curruncho para ampliar a renda dos de Ourense e a sentenza chega a doce minutos do final do encontro, cando Luis González enviou unha falta lateral que superou por alto a Vitas. Terceiro gol local, os tres en xogadas a balón parado.

Malia a derrota, o Areas consegue non caer esta xornada na zona de descenso e o vindeiro domingo recibe no seu campo de A Lomba ó potente Pontevedra, que se atopa en liña ascendente.


Barbadás: 
Berto, Martín Fernández, Alfredo, César, Vieites, Currás, Martín Pérez (Rafita, min. 53), Nuno (Luis, min. 49), Hugo, Moisés, Cristian (Jorge, min. 65).

Cultural Areas: 
Vitas, Damián, Portas, Cañi, Bruno, Fonseca (Costas, min. 83), Hugo (Couso, min. 63), Juan Feijóo, David Domínguez, José Arenas, Carlos (Alberto, min. 70).

Goles: 
1-0, min. 7: Nuno; 2-0, min. 72: César; 3-0, min. 78: Luis González. 
Árbitro: 
Óscar López. Mostrou cartón amarelo a Nuno, Currás e Jorge. 
Incidencias:
Partido correspondente á vixésimo terceira xornada de Terceira División disputado nos Carrís.

Fonte diario Atlántico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario